Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común

Theses

Autor: Araceli Freire Cedeira
Director: Ramón Villares Paz e Eduardo Rico Boquete
Ano: 2014

Resumo:
Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común é unha investigación que trata sobre o porque do mantemento dun tipo especial de propiedade, os montes veciñais en man común, emerxendo ao primeiro plano a actitude dos poboadores do medio rural e o apoio recibido por parte da xustiza ordinaria, que foi capaz de recoñecer un dereito marcado pola costume. Unha situación que se consolida a pesares de producirse nunha conxuntura totalmente desfavorable para o recoñecemento dos dereitos colectivos, un réxime de carácter ditatorial, que amais pretendía impor a súa política forestal sobre estes espazos, obviando a funcionalidade agraria e gandeira do mesmo. As comunidades veciñais conseguen que se leve a cabo todo un proceso lexislativo, aínda inconcluso, cuxo  orixe remóntase á Lei de Montes de 1957, o Regulamento de 1962, p Proxecto non nato de 1964 e a Lei de 1968. Si ben esta normativa respondía ás súas demandas non o facía de xeito gratuíto senón que o Estado soubo manter a súa presenza mediante concesións parciais até a devolución definitiva xeneralizada nos anos oitenta. Polo tanto esta é unha investigación que analiza un pasado que permanece no presente porque a loita pola recuperación desta propiedade aínda é obxecto de litixios e a recuperación da funcionalidade de antes é incuestionable para o desenvolvemento rural. Neste sentido so mirando cara atrás se poden encontrar vías alternativas de futuro.