Moito máis que 1977. A dimensión histórica do conflito de Encrobas desde a memoria e a experiencia colectivas
Fontán Bestilleiro, D. (2026): "Moito máis que 1977. A dimensión histórica do conflito de Encrobas desde a memoria e a experiencia colectivas", en Sanfiz Arias, R. e Fernández Prieto, L. (eds.): Un século de nacións. Galicia, Euskadi e Catalunya, Gijón, Trea, p. 201-216
De entre todos os conflitos que tiveron lugar no rural galego no contexto da transición democrática, a loita das veciñas e veciños de Encrobas (Cerceda, A Coruña) na defensa das súas terras perante a ameaza da explotación mineira proxectada por FENOSA foi probablemente o de maior proxección social, tanto naquela altura como nas décadas posteriores. Trátase dun episodio que xerou grande solidariedade en distintas capas da sociedade galega, e que con certa distancia temporal mesmo chegaría a ser considerado un marco fundacional para o nacionalismo galego contemporáneo.