Muller e esfera pública no século XIX

Veiga Alonso, X.R. (2025): Muller e esfera pública no século XIX, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela
En Gran Bretaña, o sufraxio feminino en igualdade co masculino acádase en 1928, no entanto que as francesas teñen que agardar a 1944. Xa que logo, o caso español, co acceso ao sufraxio en 1931, atópase a medio camiño. No gonzo simbólico do ano 1900 é claro que as mulleres gañaran peso específico na esfera pública respecto da situación de partida cen anos antes. Que restaban espazos por acadar tamén era evidente, mais o camiño, por outra banda cheo de fochancas e de altos e baixos, aparecía cando menos balizado e na onda do que acontecía na contorna europea.