Á marxe da lei. Delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966)

López Fernández, T. (2025): Á marxe da lei. Delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966), Lugo, Deputación provincial

Este libro proxéctase como un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo no contexto da ditadura franquista, de 1945 a 1966, anos que marcan o período de consolidación por excelencia do réxime. A investigación pretende achegarse ao universo delituoso a través da integración de múltiples perspectivas metodolóxicas e analíticas, entre outras: a historia local, o xiro espacial, a da microhistoria e a da historia cotiá, aquelas que entendemos permiten examinar con maior grao de detalle as vidas das clases subalternas. Mediante a revisión pormenorizada de documentación xudicial, depositada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e na Audiencia Provincial de Lugo, dáse conta das características da delincuencia, ofrecendo tipoloxías, tendencias e perfís.