Investigaciones sobre terrorismo de estado y estados de excepción

Cañón Voirín, L.  (Comp.) (2021): Investigaciones sobre terrorismo de estado y estados de excepción, Córdoba, Editorial Lago

Un dos finais, das clausuras, do II Encontro sobre Terrorismo de Estado e Estados de Excepción é esta publicación que pon punto e aparte ás actividades desenvolvidas nos últimos meses. Durante este tempo o Encontro puxo en común investigacións de moi diferente procedencia xeográfica e académica en torno ao tema común da Red Redet: terrorismo de estado e estados de excepción. Partindo destes fenómenos, ou chegando a eles tras as respectivas investigacións, as aproximacións coas que contamos incluíron a arte e a cultura, o xénero, a análise estrutural e conceptual, as prácticas de exterminio, a propaganda, o sustento ideolóxico-filosófico desta violencia e a súa historicidade ao longo dos últimos cento cincuenta anos. Ou estas foron, polo menos, as razóns de ser dos seminarios que distribuíron as trinta e unha comunicacións do Encontro. A celebración dunha mesa redonda e das entrevistas completaron a posta en escena dun Encontro que crecía entre bastidores