Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history" en Lisboa

Mañá martes 17 de abril, celebrarase no Instituto Universitário de Lisboa (ISCTE - IUL) o Seminario "James C. Scott in Iberia power, anthropology and history".
Este seminario reúne ao Profesor James C. Scott xunto a un grupo de investigadores ibéricos, entre os que participan os membros do Grupo HISTAGRA: Lourenzo Fernández Prieto, Miguel Cabo, Ana Cabana, Daniel Lanero, Araceli Freire e Alba Díaz. Todos eles terán a oportunidade de discutir ou ben traballar desde o diálogo coa obra que Scott levou a cabo. Estudos empíricos en contextos ibéricos ou contribucións que se toman o traballo de Scott como un obxecto de reflexión teórica.
O investigador antropólogo e politólogo James C. Scott (nado o 2 de decembro de 1936) é Catedrático Sterling de Ciencias Políticas na Universidade de Yale e Director do Programa de Estudios Agrarios. Entre as súas publicacións destacan: Art of Not Being Governed: An Anarchist History of Upland Southeast Asia, Yale University Press, 2009; Seeing Like a State: How Certain Schemes to Improve the Human Condition Have Failed, Yale University Press, 1998; Domination and the Arts of Resistance: Hidden Transcripts, Yale University Press, 1990; Weapons of the Weak: Everyday Forms of Peasant Resistance, Yale University Press, 1985; The Moral Economy of the Peasant: Rebellion and Subsistence in Southeast Asia, Yale University Press, 1979.
O Comité organizador está formado por: Diego Palacios Cerezales, Diogo Duarte, José Manuel Sobral, José Neves, Lourenzo Fernández Prieto e Miguel Cabo.