IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía organiza o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía y Agricultura Ecológica que se celebrara en Vigo os días 21, 22 e 23 de xuño de 2012.

Baixo o epígrafe “Iniciativas agroecolóxicas innovadoras para a transformación dos espazos rurais" preténdese discutir e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se estean a desenvolver en Galicia, no Estado e no Mundo. A posta en marcha de experiencias agroecolóxicas innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, campesiños, consumidores e as súas asociacións. Chamamos aos axentes sociais implicados á participación, definindo as problemáticas existentes e propondo alternativas, co obxectivo de dinamizar o medio rural e afondar na súa sustentabilidade.

O Congreso está estruturado segundo as tres dimensións da agroecoloxía (técnicoprodutiva, política e sociocultural).

Pódese consultar máis información nos documentos relacionados.

Documents