Presentación do "Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns" na Libraría de Mulleres Lila de Lilith

O próximo martes 3 de maio ás 20:00h. terá lugar a presentación do Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comúns na Libraría de Mulleres Lila de Lilith na rúa Travesa 7 en Santiago de Compostela.
O Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns, é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. O PEMAN aspira a converterse nun espazo novo
de intercambio e produción de coñecementos.
Máis información aquí