Presentación do Programa de estudos en man común ruralidades, feminismos e comúns

Este xoves 21 de abril ás 12:00h presentarase o Programa de estudos en man común ruralidades, feminismos e comúns.
O encontro terá lugar no Salón de actos do MARCO, Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, rúa do Príncipe 54 Nesta sesión participan:
Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea (USC)
Andrea Olmedo, co-coordinadora de Montenoso
Alberto Covelo, presidente da comunidade de montes de Vincios (Gondomar)