As investigadoras Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz-Geada colaboran na última Monografía da Historia Rural da SEHA

Xa está dispoñible a última Monografía da Historia Rural da SEHA, 2015 e na que colaboran as investigadoras de HISTAGRA Ana Cabana Iglesia e Alba Díaz-Geada.

O traballo que edita a SEHA en colaboración coa Universidade de Zaragoza e dirixido pola profesora  Teresa María Ortega López, Jornaleras, campesinas y agricultoras. La historia agraria desde una perspectiva de género, constitúe un fito historiográfico ao  abrir horizontes descoñecidos sobre a historia das mulleres no agro. Amósanos un punto de vista suxestivo sobre as diferentes perspectivas en relación ás xornaleiras, labregas e agricultoras do mundo rural.
Histagra está presente con dous capítulos: "Vendedoras de barro. Mujeres rurales y los límites de «lo doméstico» a mediados del siglo XX" de Ana Cabana Iglesia e Elena Freire Paz; e "Extender conceptos. Una aproximación al estudio del cambio sociocultural en el rural desde el trabajo de las agentes de Economía Doméstica (1960-1978)", obra de Alba Díaz-Geada.

Ligazóns de interese:
http://seha.info/42_mono11.asp?op=3
http://seha.info/congresos/2013/Call%20%28Simult%C3%A1nea%20A.1%29.pdf