Dossier ciclo de conferencias. Pasados incómodos: guerra, memoria e historia (setembro 2014-xuño 2015)

Velaquí o dossier do ciclo de conferencias PASADOS INCÓMODOS: GUERRA, MEMORIA E HISTORIAO do Grupo de Investigación HISTAGRA comprendido no periodo setembro 2014-xuño 2015.

Durante este tempo HISTAGRA organizou unha serie de conferencias no que participaron especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento co fin de analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

O Grupo de Investigación HISTAGRA ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de 1936, a Guerra Civil, o franquismo e a transición política en España e neste marco de investigación se desenvolverá o ciclo de conferencias. A experiencia investigadora e profesional de cada un dos conferenciantes é contrastada o que supón compartir unha experiencia de investigación e posta en valor dun tema como é o do pasado da guerra e a memoria  que segue a ser un dos vértices das políticas publicas e da investigación histórica.

Documents