Presentación do traballo 'Otras miradas sobre golpe, guerra y ditadura. Historia para un pasado incómodo' en As Pontes

O vindeiro venres día 5 de decembro de 2014, presentarase na Asociación de Estudos Históricos e Sociais. Casa Dopeso das Pontes, o traballo Otras miradas sobre golpe, guerra y ditadura. Historia para un pasado incómodo, editado por Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego (Grupo HISTAGRA).

O acto contará coa presenza de Lourenzo Fernández, e comezará ás 20:00h da tarde.

A premisa coa que os autores do estudo parten, resúmese na seguinte frase: “Sabemos pouco do pasado e boa parte é mentira”. Entón, que facer coa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Volver a ese pasado é o que levan facendo historiadores e historiadoras desde hai décadas, coincidindo co proceso coñecido como recuperación da memoria histórica. Pero o relato colectivo dese pasado incómodo de golpe, guerra e ditadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados polo baruto da reconciliación na Transición. É momento agora de intentar construír un novo relato e temos sobrados fundamentos historiográficos para facelo. Isto é, precisamente, o que realizamos nesta publicación.

Esta actividade está organizada por HUME.

Documents