Mención de recoñecemento da AEHV ao membro de HISTAGRA Diego Conde pola súa tese de doutoramento sobre Juan Rof Codina

O investigador de Histagra Diego Conde Gomez, ven de recibir unha mención de recoñecemento pola súa labor a prol da historia da profesión veterinaria, a través das investigacións recollidas na súa tese doutoral “Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea. o papel de Juan Rof Codina”. Dita Tese realizouse baixo a dirección de Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Cifuentes Martínez e fora presentada en novembro de 2013.
Recibiu dita mención de mans do Presidente da Asociación Española de Historia Veterinaria (AEHV), Jose Manuel Etxaniz Makazaga, no marco do XX Congreso Nacional e XI Iberoamericano de Historia Veterinaria celebrado en Soria entre o 17 e 19 de Outubro.

Establécese un estudio crítico e multidisciplinar da figura de Juan Rof Codina (1874-1967) encadrando a súa labor no entorno político e social da sociedade agraria da época e da situación da Veterinaria en Galicia e España durante este período.

Diego Conde (Ourense, 1977) é Doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela (2000). Membro de Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). As súas liñas de investigación son: Historia da Veterinaria e a Gandería; Historia Agraria; Historia da innovación e modernización científica no ámbito agropecuario; Guerra Civil e Franquismo.

Ligazóns de interese::
Lectura da tese de doutoramento de Diego Conde Gómez
 

El investigador Diego Conde acaba ganar la IX edición del premio de ensayo Manuel Murguía de la Diputación con una obra sobre el sector ganadero
 

Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea.
O papel de Juan Rof Codina

Hisroria de la veterinaria

Historia de la AEHV

XIX Congreso Nacional y X Congreso Iberoamericano de Historia de la Veterinaria