Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e a Fundación Feiraco convocan o Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo que ten como obxectivo premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia, co obxectivo último de mellorar as actividades económicas e a calidade de vida da poboación rural.

O Premio ten dúas modalidades:

A. Textos (artigos, libros e capítulos de libros) publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, ao longo dos dous anos anteriores ao prazo de presentación de candidaturas, e Teses de Doutoramento presentadas no mesmo espazo temporal.
B. Traballos Fin de Máster e Traballo Fin de Grado presentados en calquera Universidade nos dous anos anteriores.
A temática debe estar relacionada co desenvolvemento do medio rural e/ou o cooperativismo en Galicia. Os textos poderán estar redactados en calquera idioma

As candidaturas serán presentadas polos autores desde o 15 de outubro até o 15 de novembro de 2014 na Secretaría do IDEGA en horario de 9 a 14 horas, ou ben enviadas
por correo a: IDEGA – Avda. das Ciencias, Chalet nº 1 Campus Vida -15782 Santiago de Compostela.

A documentación presentada deberá incluír:

- O texto completo da publicación ou traballo de investigación indicando o autor ou autores en papel, así como tamén en formato electrónico.

Contacto:
Mª Dolores Tuñas Riveiro
IDEGA
Avda. das Ciencias, Chalet nº1
15782 Santiago de Compostela
Telf. 881814382

Ligazón de interese:
http://www.usc.es/idega/

Documents