II Congreso Mundial de Historia Ambiental, Guimarães , 8-12 de xullo de 2014

O primeiro Congreso Mundial de Historia Ambiental, celebrado en 2009 nas universidades de Roskilde (Dinamarca) e Malmö (Suecia) convocou a moitos especialistas en temas medioambientais e ecolóxicos. A raíz deste éxito, no próximo mes de xullo lavarase a cabo o II Congreso Mundial de Historia Ambiental na cidade portuguesa de Guimarães
O tema do Congreso, pretende crear unha sinerxia entre todos os estudosos dedicados á historia do medio ambiente, de comprender o alcance do tema e para pescudar as súas áreas de enfoque así como de fundamentos teóricos. O obxectivo xeral é promover a comunicación e a colaboración internacional, para compartir información e difundir a investigación e para discutir temas, preocupacións e desafíos relacionados co campo.
Os membros de HISTAGRA, Beatriz Corbacho e Lourenzo Fernández Prieto estarán presentes no congreso na sesión: Peasants and Technical Change during Socio-ecological Transitions. A Comparative Perspective between Mediterranean, Atlantic and Tropical Agricultures. A primeira coa comunicación: How Peasants Adopt New Technologies. Peasant Know-how and Learning by Farming during the Socio-ecological Transitions in Galicia, XVIII-XXth Centuries e o segundo como comentarista da sesión.
O lugar e data de celebración serán do 8 ao 12 de xullo de 2014 no Campus de Azurém. Guimarães, Portugal
Ligazóns de interese:
http://www.wceh2014.ecum.uminho.pt/Default.aspx?tabid=1&pageid=33&lang=en-US
http://www.sessionplan.com/WCEH2014/
Contacto:
EMail: wceh2014@ecum.uminho.pt