A investigadora de HISTAGRA, Alba Díaz Geada, logra un accésit no VI Premio Artola

O VI premio Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea está convocado pola Asociación de Historia Contemporánea (AHC) e o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, e a el poden concorrer as teses doutorais lidas e cualificadas de sobresaínte cum laude presentadas no ano natural anterior á concesión do galardón. Na convocatoria de 2014 (teses lidas en 2013) foi premiado o traballo de Nuria Rodríguez Martín: La capital de un sueño, Madrid 1900-1936: La formación de una metrópoli europea, e recibiu un ACCÉSIT a investigadora de HISTAGRA Alba Díaz Geada polo seu traballo, Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982).

Sobre a o traballo premiado:

O obxectivo desta tese é o estudo dos cambios experimentado polo campesiñado en O obxectivo desta tese é o estudo dos cambios experimentado polo campesiñado en Galicia nas décadas de 1960-1970.
 

Sobre a autora:
Alba Díaz Geada (1985) é Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2008) e doutora nesta mesma disciplina desde 2013. Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario, realizou o Máster en Historia Contemporánea (2009) sendo Bolseira FPU no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Na actualidade é Becaria Post-doutoral da Xunta de Galicia. As súas liñas de investigación son: historia agraria e historia social, movementos
sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia.


Ligazóns de interese:
http://www.ahistcon.org/PDF/premios/VI_artola.pdf
http://www.ahistcon.org/
http://www.cepc.gob.es/
http://histagra.usc.es/gl/nova/29444625b090/
http://histagra.usc.es/web/uploads/documents/file/509b88f6b20d2-thesisprojec1.pdf