Lourenzo Fernández Prieto participará no coloquio 'Castelao en Nova York'

O próximo venres día 25 de abril, o Coordinador do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto participará no coloquio CASTELAO EN NOVA YORK, organizado polo Centro Xoán González Millán de Estudos Galegos do Graduate Center, CUNY, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Esta actividade enmárcase nas acción culturais que desde hai anos, se levan a cabo a través do Program in Hispanic and Luso-Brazilian Literatures and Languages e o The Graduater Center da City University of New York (CUNY).

Nesta ocasión, o tema que Fernández Prieto presenta leva por título “Castelao e a memoria do galeguismo republicano”. Xunto a el, estarán Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela e Real Academia Galega) co tema,  “Eu son fillo d-unha Patria descoñecida”. O Libro II de Sempre en Galiza e Castelao nos Estados Unidos e Miguel Anxo Seixas Seoane (Fundación Castelao) co relatorio, “Castelao en e dende Nova Iorque”

Documents