O profesor Sergio Riesco Roche participará nos Seminarios HISTAGRA 2014

O vindeiro 25 de abril de 2014 ás 12 da mañá no Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e América, o profesor Sergio Riesco Roche (Dr. en Historia e profesor no IES La Cabrera - Madrid) impartirá a conferencia O papel da agricultura na historiografía recente sobre a crise dos anos 30 en España (2004-2014).
O relatorio pretende analizar o papel que desempeñou a agricultura no escrito sobre a década de 1930. O autor realiza un repaso polos grandes formatos e temas, o que inclúe o tratamento da agricultura nos manuais de historia económica recentes e despois entrar en catro temas claves: o papel da agricultura no crecemento económico, a reforma agraria no seu conxunto, a súa relación coa guerra civil e o papel das colectivizacións e a contrarreforma agraria.
Sobre o autor:
Sergio Riesco é profesor de Xeografía e Historia no IES La Cabrera (Madrid). Doutor en historia contemporánea. Entre as súas publicacións destacan El Sexmo de Plasencia (1766-1905), Bibliografia sobre la Guerra Civil española, La reforma agraria y los arígenes de la guerra civil (1931-1940), así como diversos artigos en revistas científicas e obras colectivas sobre a cuestión agraria na España contemporánea, a emigración, e a ensinanza da Historia.
Ligazóns de interese:
http://biblioteca.ucm.es/tesis/ghi/ucm-t28450.pdf
http://www.extremaduracontemporanea.es/index.php?option=com_content&view=article&id=115:ficha-socio-generica&catid=4:socios&Itemid=24