Lectura da tese da investigadora de HISTAGRA, Alba Díaz Geada

Hoxe luns día 4 de novembro, ás 11h no Paraninfo da Universidade, terá lugar a lectura da tese da investigadora de HISTAGRA, Alba Díaz Geada.

O título da tese é: "Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982)", dirixida polo profesor Miguel Cabo Villaverde (USC-HISTAGRA).

O tribunal estará composto polos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Xosé Manuel Sabudeco (USC), José Manuel Naredo, Antonio Herrera (UPO) e a profesora Dulce Freire (ULisboa).