Diego Conde participa no XIX Congreso Nacional e X Congreso Iberoamericano de Historia Veterinaria en Madrid

Os días 18, 19 e 20 de outubro celebrarase o XIX Congreso Nacional e X Congreso Iberoamericano de Historia Veterinaria en Madrid.
O sábado día 19 de outubro ás 10.00 horas no marco da Sesión de Comunicacións II participarán os investigadores Diego Conde Gómez (Veterinario, Historia Veterinaria Galega (HISVEGA), USC), Manuel Cifuentes Martínez (Director Departamento de Anatomía e Produción Animal, USC) e Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea, Historia Veterinaria Galega (HISVEGA), USC ) coa comunicación "Vacas de papel y tinta. Simbolismo del ganado bovino en los ilustradores gallegos (1900-1936)".