Traballo de Campo no Courel organizado polo Grupo Histagra

O xoves 19 e venres 20 de maio, no marco das actividades docentes de licenciatura e posgrao, o Grupo HISTAGRA realizará unha actividade de campo no Courel baixo a dirección do I.P. do Grupo, Lourenzo Fernández Prieto e do Prof. de Xeografía Luís Guitián Rivera, centrada na análise da evolución das paisaxes agrarias nunha zona característica da agricultura de montaña en Galicia e na que se abordarán entre outros, aspectos relacionados co monte, a agricultura orgánica e as condicións físicas da produción agraria, ademais trataranse a autarquía e as políticas agrarias do franquismo, a revolución verde e desagrarización/abandono do espazo…

Todos aqueles/as interesados/as en participar debedes indicalo mediante un mail  aós seguintes enderezos: memoriaguerracivil@usc.es ou daniel.lanero@usc.es