HISTAGRA organiza un Seminario de debate con Óscar Bascuñán Añover

Hoxe venres día 24 de maio, ás 11h30 na Aula de Máster do Depto, HISTAGRA retoma as actividades académicas do Grupo de Investigación coa celebración dun novo SEMINARIO.

O investigador convidado é, nesta ocasión, Óscar Bascuñán Añover, profesor na Universidad de Castilla - La Mancha, quen presentará para o seu debate, o texto: "La lucha por los montes: conflicto y política en la Sierra de Cuenca durante la Restauración".

O formato do seminario será o habitual. Breve presentación por parte do autor, comentarios a cargo dos investigadores membros de HISTAGRA Xesús Balboa e Ana Cabana, resposta do autor ós comentaristas e apertura de quenda de debate colectivo.

CV Óscar Bascuñán

Óscar Bascuñán Añover é doutor en Historia pola Universidad de Castilla-La Mancha e na actualidade exerce como profesor asociado no Departamento de Historia da mesma universidad.

Autor de dous libros: Protesta y Supervivencia. Movilización y desorden en una sociedad rural: Castilla-La Mancha, 1875-1923 (Valencia, Fundación Instituto Historia Social, 2009); e Campesinos Rebeldes. Las luchas del campesinado entre la modernización y la globalización (Madrid, Los Libros de la Catarata, 2009). As súas investigacións teñen abordado os procesos de politización, conflito e protesta social nas sociedades rurais e campesiñas de finais de século XIX e principios do XX.

Ten realizado estadías de investigación en centros como o Consejo Superior de Investigaciones Científicas de Madrid, a London School of Economics and Political Science e a University of Lancaster, no Reino Unido. Durante dous anos realizou unha estancia postdoutoral no International Institute of Social History de Ámsterdam, onde formou parte do Departamento de Investigación. Tamén durante dous anos ten exercido como profesor titular interino no Departamento de Historia del Pensamiento y de los Movimientos Sociales y Políticos da Universidad Complutense de Madrid.