Francisco Leira recibe o premio honorífico do Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt”

O investigador Francisco Leira Castiñeira (Histagra) ven de recibir o Premio de Ensaio sobre Guerra Civil Española “George Watt” con mención honorífica polo traballo: "Political surveillance measures against the soldiers of the rebel army: 'Franco's soldiers' and their gradual hostility to and rejection of the war, December 1937-1939". Un traballo que forma parte como capítulo do traballo de máster co que Leira foi galardoado co VI Premio de Ciencias Sociales Juana de Vega 2012, y que leva por título "La consolidación social del Franquismo La influencia de la guerra en los "soldados de Franco"".

ALBA (Archivos de la Brigada Abraham Lincoln, EE.UU) promove este concurso de ensaio anual para estudantes de licenciatura, mestría e doutorado, ao que se poden presentar ensaios ou capítulos de teses sobre calquera aspecto da Guerra Civil Española, sobre a loita mundial antifascista dos anos 20 e 30 nas súas dimensións culturais ou políticas, ou sobre os voluntarios estadounidenses que participaron na defensa da República española entre 1936 e 1938. ALBA é unha organización sen fins de lucro nacional dedicada á preservación e difusión da historia do papel norteamericano na Guerra Civil española (1936-1939) y a posguerra. Ao tempo, supervisa un arquivo importante na Biblioteca Tamiment da Universidade de Nova York - o máis completo arquivo histórico que documenta a participación dos voluntarios norteamericanos na Guerra Civil española - e apoia actividades culturais e educativas relacionadas coa guerra e a política, histórica, artística, e legados biográficos.