Lectura da tese de Araceli Freire, Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común

HISTAGRA. Redacción

O próximo luns día 14 de xullo, ás 11 da mañá no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, a investigadora de HISTAGRA, Araceli Freire Cedeira, defenderá a súa tese doutoral, que leva por título: Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común.


Os titores desta investigación son os tamén membros de HISTAGRA, o Catedrático Ramón Villares Paz e o doutor Eduardo Rico Boquete

O tribunal encargado de avaliar o traballo está formado por:

                  - Presidente: D. Antonio Rigueiro (USC)
                  - Secretaria: D. Ana Cabana (USC)
                  - 1ª Vogal: D. Amélia Branco (Universidade Nova de Lisboa. Instituto Superior de Economía e Gestión.
                  - 2ª Vogal: D. José Ignacio Jiménez Blanco (Universidad Complutense de Madrid)
                  - 3º Vogal: D. Teresa Ortega López (Universidad de Granada)

Resumo:

Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975): el caso de los montes vecinales en mano común é unha investigación que trata sobre o porque do mantemento dun tipo especial de propiedade, os montes veciñais en man común, emerxendo ao primeiro plano a actitude dos poboadores do medio rural e o apoio recibido por parte da xustiza ordinaria, que foi capaz de recoñecer un dereito marcado pola costume. Unha situación que se consolida a pesares de producirse nunha conxuntura totalmente desfavorable para o recoñecemento dos dereitos colectivos, un réxime de carácter ditatorial, que amais pretendía impor a súa política forestal sobre estes espazos, obviando a funcionalidade agraria e gandeira do mesmo. As comunidades veciñais conseguen que se leve a cabo todo un proceso lexislativo, aínda inconcluso, cuxo orixe remóntase á Lei de Montes de 1957, o Regulamento de 1962, p Proxecto non nato de 1964 e a Lei de 1968. Si ben esta normativa respondía ás súas demandas non o facía de xeito gratuíto senón que o Estado soubo manter a súa presenza mediante concesións parciais até a devolución definitiva xeneralizada nos anos oitenta.  Polo tanto esta é unha investigación que analiza un pasado que permanece no presente porque a loita pola recuperación desta propiedade aínda é obxecto de litixios e a recuperación da funcionalidade  de antes é incuestionable para o desenvolvemento rural. Neste sentido so mirando cara atrás se poden encontrar vías alternativas de futuro.

Sobre a autora:

Araceli Freire Cedeira (Arteixo, 1985). Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Historia Contemporánea pola mesma Universidade. Entre as súas liñas de investigación destacan a historia agraria, a historia social do mundo rural e a historia medioambiental do periodo 1939-1975. Ten publicado En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda.

http://histagra.usc.es/gl/persoa/araceli-freire/