O labor da Misión Biolóxica de Pontevedra ata 1936 e a reforma da agricultura galega en Cruz Gallástegui Unamuno

Cabo Villaverde, M. (1997): "O labor da Misión Biolóxica de Pontevedra ata 1936 e a reforma da agricultura galega en Cruz Gallástegui Unamuno", Cuaderno de Estudios Gallegos, tomo XLIV, Fascículo 109

Nunha foto tomada o 25 de xullo de 1931 en Vigo, un home de paxariña aparece entre os Castelao, Paz-Andrade, Suárez Picallo, Alonso Ríos... radiantes na celebración do primeiro Día de Galiza no novo réxime; é o vasco Gallástegui, arropado por varias das principáis figuras do galeguismo conformando unha imaxe certamente cargada de simbolismo, porque o PG (que se constituirá en décembre dése ano) vai intentar «apropiarse» da institución que el preside para dar solidez e empaque científico ás súas propostas en materia agraria