Isaac Martín Nieto

Isaac Martín Nieto

Doutor en Historia Contemporánea
curriculum

ORCID: 0000-0002-9565-0385

 

Isaac Martín Nieto (Villanueva de la Serena, Badajoz, 1986) é Doutor en Historia pola Universidad de Salamanca coa tese «Castilla libre. Anarquistas y campesinos en Castilla la Nueva durante la guerra civil española (1936-1939)». Foi profesor asociado no Departamento de Historia Medieval, Moderna y Contemporánea da Universidad de Salamanca, onde tamén tivo unha Ayuda para la Formación de Personal Investigador. Participou no Proxecto de Investigación «La violencia política de 1936 y el 18 de julio como punto de ruptura. Un análisis micro», financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (HAR2015-65115-P). Ten publicado varios libros, artigos e capítulos de libro e ten participado en numerosos congresos e seminarios nacionais e internacionais. As súas liñas de investigación comprenden o anarquismo español, a historia agraria, a violencia política, a guerra civil española e a historia da España do século XX. Actualmente desenvolve un proxecto de investigación comparada sobre a mobilización dos campesiños por parte dos anarquistas en España, Arxentina, Portugal e Suecia.

messages.latest-publications