HISTAGRA no Seminario Os favoritos do trasno

HISTAGRA no seminario Os favoritos do trasno

 

O Grupo HISTAGRA a través do Investigador Principal, Lourenzo Fernández Prieto, estará presente no Seminario "Os favoritos do trasno", sobre arquivos cidadáns e memoria democrática, que se celebrará os días 20 e 21 de novembro. Será de carácter on line.

 

Presentación

Desde novembro de 2018 a Asociación Unha Gran Burla Negra convoca o pensamento en torno ao movemento Nunca Máis organizando un encontro anual no aniversario da catástrofe do Prestige, o petroleiro afundido no 2002 fronte ás costas galegas. Este ano celebramos os encontros ao redor da idea de arquivos cidadáns, convocando espazos, proxectos e experiencias colectivas que, dende o artístico ou o histórico, o íntimo ou o comunitario falarannos das relacións entre democracia, acceso ao saber e produción de arquivos. Dos fíos entre a memoria, a conciencia e os patrimonios, do seu goberno e activación públicas e comunais, dos seus riscos e males, da súa destrución e reinvención, do milagre de que aquelo chamado a se perder se conserve e faga dispoñible pola obra do amor e a graza dos coidados

 

Matrícula:

 

A partir do luns 16 de novembro

 

Máis Información:

 

http://unhagranburlanegra.gal/os-favoritos-do-trasno-arquivos-cidadans-e-memoria-democratica/#Inscrici%C3%B3ns

 

 

Documentos