Nova publicación do Grupo HISTAGRA. 1936. Un nuevo relato

Nova publicación do Grupo HISTAGRA. 1936. Un nuevo relato

 

Trece autores crean "1936, un nuevo relato", unha obra colectiva que define as bases para construír un novo relato sobre un pasado tan incómodo como é o da Guerra Civil. 

 

En 2016 tivo lugar en Santiago de Compostela un congreso internacional que baixo o título "1936 ¿Un novo Relato? 80 anos, entre historia e memoria" vari@s especialistas na guerra civil, na violencia e na ditadura, e desde diferentes ámbitos das ciencias sociais, debatiron durante varias xornadas un amplio programa onde se puxeron sobre a mesa as novas inquedanzas académicas sobre a guerra e o seu estudo.

 

Poden verse os videos do congreso: http://histagra.usc.es/es/mediateca/49/videos-del-congreso-1936-un-novo-relato-80-anos-entre-historia-y-memoria

 

Daquel congreso, e tras varias xuntanzas de traballo, algúns dos participantes lograron construír esta publicación,  de autoría colectiva mediante un novo xeito de traballar colaborativo. O Grupo HISTAGRA, que xa ten realizado obras deste tipo, amósase extremadamente satisfeito polo traballo, agardando que sexa de interese e utilidade á cidadanía.

 

Sobre a publicación:

 

Neste libro queremos definir as bases para construír un novo relato porque o disponible, o dominante, non nos convence: pasou da vitoria á reconciliación, encontrou ás vítimas pero aínda non é capaz de mirar aos verdugos nin de situar a superioridade da democracia fronte á ditadura. Como afrontar na conciencia pública do presente o período de guerra e ditadura é un reto maior que pon en cuestión a identidade histórica e política do actual Reino de España. A pesares do paso do tempo, corenta máis corenta anos, segue dominando un relato de guerra civil construído sobre a vitoria e a derrota dos seus protagonistas. Sobre a súa experiencia, intereses, posicións e explicacións políticas. Un relato manexado en última instancia polos vencedores: remodelado e acomodado a sucesivos presentes. Gañadores na guerra e no relato da vitoria. O seu é o relato dos verdugos.

 

Sobre os autores:

 

Antonio Cazorla, profesor de Historia Contemporánea (Trent University), Carlos Gil Andrés, profesor de Historia (IES Inventor Cosme García de Logroño), Jesús Izquierdo, profesor de Historia (Universidad Autónoma de Madrid), Germán Labrador profesor no Department of Spanish and Portuguese (Princeton University), Ángel Loureiro, profesor no Department of Spanish and Portuguese (Princeton University), Miguel Anxo Murado (escritor, xornalista e guionista), Lourdes Otaegi, profesora de Teoría Literaria e Literatura Comparada (Universidad doPaís Vasco), María Jose Olaziregi, profesora de Lingüística e Estudios Vascos (Universidad do País Vasco) Sergio Riesco, profesor de Historia (IES La Cabrera, Madrid), Carlos Teijo, profesor de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais (Universidade de Santiago de Compostela), Lourenzo Fernández Prieto, profesor de Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela), Antonio Miguez Macho, profesor de Historia Contemporánea (Universidade de Santiago de Compostela) e Dolores Vilavedra Fernández, profesora de Literatura Galega (Universidade de Santiago de Compostela).

 

 

Ficha do libro: 

 

http://histagra.usc.gal/gl/publicacions/502/1936-un-nuevo-relato

Documentos