Lanzamento da web barbanzaecosocial.org

barbanzaecosocial.org

 

Xa está dispoñible a plataforma online do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, unha iniciativa que aspira a coñecer as lóxicas que facían sustentables e autosuficientes no pasado ás comunidades da península do Barbanza para poder promover a súa reactivación e deseñar estratexias de futuro.

 

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza está promovido pola Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) en colaboración co grupo de investigación HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela, grazas á financiación da Fundación Banco Santander e ao apoio da Cátedra Juana de Vega.

 

Entre os meses de xaneiro e marzo, con anterioridade á situación extraordinaria que estamos a vivir, a Fundación RIA e o grupo de investigación HISTAGRA, avanzamos na fase de toma de datos do proxecto, realizando saídas de campo, máis dunha quincena de entrevistas a habitantes de Baroña (Porto do Son), Froxán (Lousame) e Laíño (Dodro); e visitas aos arquivos dos tres municipios.

 

Partindo de toda a información obtida, entre ambas as entidades elaboramos 9 artigos acompañados por gráficos, mapas e vídeos que xa están dispoñibles a través da sección Investigación (https://barbanzaecosocial.org/gl/investigacion/) de barbanzaecosocial.org (https://barbanzaecosocial.org/), onde se poden filtrar a través de categorías que asignamos a cada un: ordenación do territorio, gobernanza, propiedade da terra, usos do chan, identidade e cultura, etc.

 

Periodicamente, publicaremos novos artigos elaborados polo propio equipo do proxecto ou por expertos convidados de tal modo que a páxina web poida converterse nun lugar do encontro de múltiples voces.

 

barbanzaecosocial.org (https://barbanzaecosocial.org/) tamén inclúe un mapa interactivo, unha ferramenta ao servizo dos seus visitantes que permitirá localizar as áreas de estudo, pero tamén consultar unha gran variedade de datos, como figuras de protección, información catastral e outros aspectos que condicionan os usos do territorio. Estas funcionalidades iranse

incorporando progresivamente, durante o desenvolvemento do proxecto. Unha parte central desta ferramenta é un comparador que permite ver de maneira fácil e intuitiva a evolución que experimentou este territorio ao longo dos últimos 70 anos.

 

A través dos artigos da páxina web, poderanse consultar vídeos que reproducen fragmentos das entrevistas realizadas tanto aos veciños de Laíño, Baroña e Froxán (para promover o entendemento do territorio desde a voz dos seus protagonistas), como ao equipo do proxecto ou outros expertos.

 

Os vídeos, ademais de estar incluídos nos artigos, estarán dispoñibles na nosa canle de YouTube (https://www.youtube.com/channel/UClptNOmm1DF3-RI6z3SbC8w) incluiranse subtítulos en galego, castelán e inglés.

 

A medida que avance o desenvolvemento do proxecto publicaranse máis vídeos que estarán dispoñibles en novos artigos e nesta canle de Youtube (https://www.youtube.com/channel/UClptNOmm1DF3-RI6z3SbC8w).

 

Os novos artigos, vídeos e funcionalidades do mapa que se incorporen á páxina web publicaranse ademais nos nosos perfís en redes sociais (barbanzaecosocial en instagram (https://www.instagram.com/barbanzaecosocial/) e facebook( https://facebook.com/barbanzaecosocial))

 

Convidámosvos a visitar a páxina web en barbanzaecosocial.org (https://barbanzaecosocial.org/

Documentos