Comunicacións: II Encuentro Internacional de Estudios sobre Estados de Excepción y Terrorismo de Estado

Chamada para presentar contribucións. II Encontro Internacional de Estudos sobre Estados de Excepción e Terrorismo de Estado

 

A Red de Estudios de Estado de Excepción y Terrorismo de Estado convoca á presentación de propostas para a segunda edición do Encontro.

 

A temática central deste Encontro éreflexionar sobre os Estados de Excepción, as formas específicas que puideron adquirir en Europa, salazarismo (Portugal), franquismo (España), fascismo (Italia), nazismo (Alemaña), coronelismo (Grecia); e en América, terrorismo de Estado.

 

As pautas para o envío de propostas, tanto individuais como de paneis temáticos, pódense  consultar na web da Rede: https://redredet.wordpress.com/

 

Os organizadores analizarán as propostas recibidas e comprométense a contactar cos interesados, nun prazo non maior de sete días, a efectos de informarlles sobre a aceptación, desestimación ou necesidade de ampliar a propuesta.

 

Prevese, como na edición anterior, a publicación dun libro que recolla os resultados do Encontro. 

 

Lugar: Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia

Data: 27-28 de outubro de 2020 

Organizadores: César Román e Lisandro Cañón  

Contactojuliolisandro.canon@gmail.com

Data límite para o envío de propostas: 15 de xullo de 2020

Cuota de inscripción: gratuita