XORNADA PENSAR UNHA ALIMENTACIÓN MÁIS PRÓXIMA

Dende a rede ReVOLTA, composta por oito grupos e investigación das universidades galegas e configurado como o lugar de encontro das investigacións ao redor da agroecoloxía e do medio rural galego, abrimos ao conxunto da cidadanía un encontro co que pensar como sería posible crear unha estratexia alimentaria participativa na Área de influencia do río Eo. Por este motivo celebramos a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Vilaframil, Ribadeo o venres 22 de marzo.

Máis información:
http://revolta.usc.gal/2019/03/13/encontro-aberto-para-pensar-unha-alimentacion-mais-proxima-na-area-de-ribadeo/

Documentos