Seminario HISTAGRA de Paula Godinho: Cando a memoria estaba no futuro: a revolución e a reforma agraria en Portugal

Paula Godinho é doutora en antropoloxía pola Universidade Nova de Lisboa. Actualmente é docente no Instituto de História Contemporânea - IHC.  Os seus temas de estudo son: Cuestións e problemas da antropoloxía portuguesa e o contexto etnográfico europeo, usos da cultura e da memoria, prácticas do patrimonio e mercantilización da cultura; celebracións, rituais e performances; topografías do poder, construción de identidades nacionais, culturas de fronteira e nacionalismos de diáspora; cambio social rural, resistencia, movementos socias e extrema esquerda.

Documentos