Conferencia/presentación de Paula Ballesteros (Laboratorio de Patrimonio do CSIC)

O sábado día 17 de xuño, ás 12.00h, HISTAGRA organiza na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, unha actividade académica no marco das que ven realizando o Grupo de Investigación periodicamente. Trátase dunha conferencia/presentación impartida por Paula Ballesteros (Laboratorio de Patrimonio do CSIC) que levará por título: “Os procesos de formación e de cambio na paisaxe agraria galega”.