Aberto o prazo de envíos de traballos para publicar en 'Historia Autónoma'

A Revista Historia Autónoma  ven de anunciar o segundo prazo de envío de orixinais para a publicación do seu primeiro número. O prazo de presentación é o 1 de marzo de 2012.

Complementando os obxectivos da Asociación Historia Autónoma, a Revista constitúese como unha plataforma académica dixital que busca crear un espazo propio de reflexión historiográfica con carácter
científico, apoiando a apertura de novas perspectivas e liñas de investigación dentro dun concepto de permanente desenvolvemento e renovación interdisciplinar dos distintos ámbitos que implican este
campo. Por elo, os investigadores interesados en publicar traballos inéditos poden enviar as súas propostas no prazo sinalado.

Este convite a colaborar faise extensivo a toda a comunidade académica das distintas institucións e universidades, tanto de España como do resto de países.

Para máis información sobre a Revista e as normas de envío pódese acceder á Web: http://www.revistahistoriaautonoma.es así como dirixirse a: dirección@revistahistoriaautonoma.es