Congreso Iberico de Estudios Africanos

O Grupo de Estudos Africanos acollerá en Madrid, Baixo a Árbore da Palabra, o 8º Congreso Ibérico de Estudos Africanos do 14 ao 16 de xuño de 2012, cun total de 49 paneis. O chamamento a paneis estará aberto ata ao 31 de xaneiro de 2012. As propostas terán un máximo de 400 palabras, e han de ir asociadas a algún panel (cada panel pode ter máis dunha sesión) e presentarse a través do formulario da páxina web. Aceptaranse entre 4 e 5 relatorios por panel.

A selección de relatorios darase a coñecer o 15 de marzo, e estas haberán de remitirse antes do 15 de maio a través dunha aplicación habilitada na web para tal efecto.

No Oitavo Congreso Ibérico de Estudos Africanos - CIEA8 reflectiranse as profundas transformacións (políticas, sociais, económicas e culturais) que está a atravesar o continente africano, así como a reconfiguración das súas relacións co resto do mundo. Estanse a articular complexas respostas locais, que implican tanto resistencias coma integración, en dinámicas rexionais e globais.