HISTAGRA e Ateneo Ferrolán organizan unha exposición sobre Hildegart

O próximo xoves 12 de marzo ás 19 h. no 2º andar da  Facultade de Xeografía e Historia o Ateneo ferrolán e o Grupo HISTAGRA  inauguran a  Exposición sobre o Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (Madrid, 1914-1933).

Hildegart foi unha muller relevante no seu tempo. Con 18 anos, xa tiña publicados máis dunha ducia de libros e pasquíns. Foi colaboradora de numerosos xornais, participando en multitude de actos políticos. Militou en organizacións feministas e participou na creación da Liga para la Reforma Sexual.

Esta exposición quere recorrer a vida de Hildegart no contexto civil e político no que viviu. Cada panel repasa a súa vida e os temas sociais polos que se preocupou, e recolle ademais unha das obras publicadas por Hildegart. A exposición pretende achegarnos á historia e á memoria desta singularísima muller.

Documentos