Histagra

A Investigadora de HISTAGRA Beatriz Corbacho gaña o Premio de Investigación Ferro Couselo 2019

A Investigadora de HISTAGRA Beatriz Corbacho gaña o Premio de Investigación Ferro Couselo 2019

A investigadora do Grupo HISTAGRA Beatriz Corbacho González gañou o Premio de Investigación Ferro Couselo co traballo, Labrando nutrientes. Intensificación agraria e manexo da fertilidade do solo nunha agricultura atlántica: Galicia, séculos XVII e XIX.

O premio son 4.000 euros para a autora mais a publicación do traballo. Beatriz Corbacho é doutora en Historia desde 2017 coa tese, Intensification of a peaseant agriculture and soil fertility in an atlantic territory: Galicia, 1750-1900 e baixo a dirección do catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto e do profesor David Soto Fernández.