Mirando cara o norte: a fascinación por Dinamarca na Galicia do primeiro terzo do século XX

CABO VILLAVERD, M. (2016): "Mirando cara o norte: a fascinación por Dinamarca na Galicia do primeiro terzo do século XX", Murguia. Revista Galega de Historia

O presente volume de Murguía, Revista Galega de Historia é unha lembranza ás Irmandades da Fala (IF) e a Galiza do seu tempo, diante do cen aniversario da creación destas no 1916. Unha iniciativa que alumeou a galegas e galegos non só do primeiro terzo do pasado século. Un destes galegos impregnados do espírito das Irmandades foi o historiador Francisco Carballo (1925-2014), que lembramos na sección Fontes a partir dunha conferencia que dera no seo do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), a quen galardonamos a título póstumo co ‘II Premio Manuel Murguía ao labor e mérito historiográfico’ no mes de setembro. Miguel Cabo Villaverde, profesor da USC, afonda na atracción do galeguismo do primeiro terzo do s. XX polos Países Baixos.