Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea

García Quiroga, F. (2020): "Un intento de situar a cidadanía no centro da creación contemporánea", en A Casa dos Espellos, nº 3, p. 153-163

Este artigo é unha reflexión sobre un intento de abrir marcos de participación na arte a través da metodoloxía Investigación-Creación-Participativa que se está a desenvolver de xeito experimental en Betanzos, dentro do proxecto Concomitentes. O texto reflexiona sobre alcances, dúbidas e tensións para abrir un debate co que pensar que dispositivos favorecen que a cidadanía poida resituarse no centro dos procesos de creación contemporánea.