A investigadora Araceli Freire gaña o premio Xohana Torres de ensaio

Araceli Freire Cedeira, membro de Histagra, ven de recibir o II Premio de Ensaio Xohana Torres, promovido por el Concello de Santiago, polo estudo titulado “O monte é noso. Conflitividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en man común”. O premio foi entregado onte nun acto institucional no Concello de Santiago de Compostela.  Este traballo responde a un resumo da investigación ao redor deste tema polo que xa obtivo o pasado ano o premio Juana de Vega de nuevos investigadores.