Publicación dos estudos de Alba Díaz-Geada e Araceli Freire Cedeira

A Universidade de Santiago de Compostela ven de publicar na Colección Cátedra Juana de la Vega dous traballos científicos correspondentes ás investigadoras do Departamento de Historia Contemporánea e de América, Alba Díaz-Geada e Araceli Freire Cedeira.

Alba Díaz-Geada aborda en O campo en movemento. O papel do sindicalismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986), a acción colectiva no rural galego do tardifranquismo e da primeira etapa en democracia.

O traballo de Araceli Freire: En defensa de lo suyo. Propiedad forestal y conflictividad social durante el franquismo: los montes vecinales de Cerceda (A Coruña), analiza o patrimonio forestal do Estado desde a súa creación en 1935 até  1971, época na que foi substituido polo Instituto de Conservación de la Naturaleza, o que levou en Galicia, cara unha intensa actividade repobladora en colaboración con Concellos e Deputacións Provinciais.